Concertos noite do domingo
23 de xullo 2023
Dasoul
Domingo 23 | Ás 23:00 h | Rúa Domingo Bueno
Dasoul é un afamado cantante, produtor e compositor español que conta no seu haber con varios hits internacionais como “Él no te da” (dobre disco de Platino en España) ou “Vuela corazón”.
Ao longo da súa carreira colaborou con grandes artistas como Juan Magán, Henry Mendez ou J Quiles, entre outros
Grupo América
Domingo 23 | Ás 00:00 h | Rúa Domingo Bueno
O grupo América foi fundado en 1976 na cidade de Vigo. Entón formábano cinco compoñentes, que xa marcaban un estilo diferente fronte aos grupos que entón estaban en activo en Galicia, pois no seu repertorio predomina o rock e o que entón se chamaba música electrónica e máis tarde foi denominado tecno-pop.
O seu repertorio está baseado en música pop e rock, que en orixe podería resultar máis atractivo a un público novo pero con 47 anos de historia e de repertorio, contan na súa bagaxe cancións para contentar a todas as idades e a todo tipo de públicos.
Clásicos no que ao pop e rock refírese, pero tamén modernos no repertorio, adaptados ao gusto actual e cun respaldo técnico acorde co traballo que desenvolven desde o escenario robotizado móbil que levan a todas as súas actuacións.
Contemporáneos de Freddy Mercury ou de David Gilmore e de tantos outros xigantes do rock, América é puro rock que se move por Galicia desde Vigo.