Civilización Grega

A civilización helénica da Grecia antiga estendeuse pola Península Balcánica, as illas do mar Exeo e as costas da península de Anatolia, na actual Turquía, constituíndo a chamada Hélade. A civilización helénica ou grega ten a súa orixe nas culturas cretense e micénica.

Cara ao 2700 a.C. desenvolveuse na illa de Creta unha rica e florecente cultura comercial pertencente á Idade do Bronce. Esta cultura recibe o nome de minoica ou cretense. En torno ao ano 1600 a.C., losaqueos, un pobo de fala grega e de orixe indoeuropeo, irromperon no territorio da Grecia continental, establecéndose no extremo nordés da península do Peloponeso. Este pobo chegou a dominar aos cretenses. A súa cidade máis importante foi Micenas.

Cara ao ano 1200 a.C., outro pobo de orixe grega, os dorios, que utilizaban armas de ferro, apoderáronse de Grecia derrotando aos micenios. A guerra de Troia, descrita por Homero na Iliada, foi, probablemente, un dos conflitos bélicos que tiveron relación con esta invasión. Esparta e Corinto transformáronse nas principais cidades dóricas. Cos dorios empezou un período de retroceso cultural que se coñece co nome de Idade escura.

Despois da conquista dos dorios, a vida en toda Grecia descendeu a un nivel moi primitivo, e así se mantivo durante varios centos de anos. Con todo, dende o século VIII e ata o século VI a.C., período que se coñece como época arcaica, Grecia desenvolveu e culminou unha gran recuperación política, económica e cultural. Tal recuperación foi posible grazas á organización en cidades Estado (polis) e á fundación de colonias nas costas de Asia Menor e do mar Negro, en Sicilia, no sur de Italia, no sur de Francia e no levante español.

As novas colonias convertéronse en polis politicamente independentes da metrópole (polis nai), pero mantiveron estreitos vínculos relixiosos, económicos e culturais. Estas colonias foron un dos factores do desenvolvemento económico de Grecia neste período. Os séculos V e IV a.C. corresponden ao apoxeo das grandes cidades estado independentes, entre as que destacan os polis de Atenas e Esparta.

Vestimenta

Entre os séculos VII e I antes da era cristiá, a peza que usaban os homes e as mulleres era o chitón, anaco rectangular de lá, que se recollía nos ombreiros cunha fíbula, que era unha fibela ou broche. Tanto os homes como as mulleres levaron o himatión, peza de xénero dun metro e medio por tres que só cubría o ombreiro. Un adorno característico.

As mulleres usaban un chitón longo, que lles chegaba ata os nocellos. Encima do chitón, levaban o peplo, que era un pano en forma de chal que colgaba dende o ombreiro ata a cintura. Como abrigo púñanse o clámide, manto de lá de forma rectangular con pesos nas puntas para impedir que o vento os levantase; axustábase cunha fibela no ombreiro ou no peito.

Os homes usaban un chitón curto e alcanzaba só aos xeonllos.

Os sacerdotes e algúns cidadáns, nas cerimonias importantes púñanse chitón longo. O cabelo era curto nos homes e suxeitado cunha cinta. As mulleres deixábanse caer o cabelo e levábano unhas veces rizado e outras suxeito en forma de tirabuzón, con pinzas de óso ou de marfil e ouro. O calzado máis común para homes e mulleres eran as sandalias de sola grosa.

O soldado grego, coñecido como homoplita por portar o escudo chamado hoplón, levaba unha indumentaria formada por túnica curta de lá, coiraza peitoral, capa, sandalias pechadas, casco e grebas.

O hoplón é un pesado escudo de 8 Kg aproximadamente de 1,00m de diámetro, realizado en madeira e recuberto en ocasións dunha lámina de bronce para ofrecer maior resistencia ao impacto. A súa protección é moi grande xa que cobre dende o pescozo aos xeonllos do seu portador. Os escudos son pintados para infundir medo, nel pintábanse efixies de animais, de temas mitolóxicos e relixiosos.

Outras civilizacións