Concertos noite do martes
25 de xullo 2023

La Frontera

La Frontera

Martes 25 | Ás 23:00 h | Rúa Antonio Palacios

La Frontera con Javier Andreu á cabeza xunto a Tony Marmota, José Bataglio, Quino Maqueda e Rafa Hernández debutaron no festival Villa de Madrid de 1984 co seu primeiro single «Duelo al sol», facéndose co primeiro premio.

En 1985 publicaron o seu primeiro disco homónimo que inclúe cancións como «La ley de la horca», «Pobre tahur» ou «Cuatro Rosas Estación», ademais dunha buenísima adaptación de «Viva las Vegas».

Tras a boa acollida do primeiro álbum de La Frontera, publicaron dous discos case seguidos «Si el wisky no te arruina las mujeres lo harán» en 1986 e «Tren de medianoche» en 1987 pero o disco co que lograron consolidarse como unha das mellores bandas de rock do panorama musical foi o seu cuarto traballo «Rosa de los Vientos» con cancións que soaron por todas as emisoras españolas e que hoxe son todo un himno da nosa música como «El Límite» e «Juan Antonio Cortés».

La Frontera forxouse un nome nos 80 e ata a actualidade publicou máis de 10 discos máis entre álbums de estudo, recompilatorios, directos e varios EP´s entre os que destaca «No vuelvas sin ella», o tema que fixeron para a Selección Española de Fútbol na Eurocopa de 2000.

Despois de 30 anos na música, La Frontera é unha dos grupos que máis directos segue ofrecendo ao longo da xeografía nacional, incluíndo importantes festivais compartindo cartel con outras bandas tan míticas como Los Rebeldes, Burning, La Guardia ou Loquillo.

Traffic House

Traffic House

Martes 25 | A partir da 00:00 h | Rúa Antonio Palacios

José Manuel Estévez Trillo (Traffic House) comezou no mundo da música en 1997, á idade de 17 anos, montando o seu primeiro pub. É aí onde descubriu a súa gran paixón pola composición, o ritmo , a melodía e sobre todo polas ganas de facer gozar á xente coas súas sesións.

Raper

Raper

Martes 25 | A partir das 00:00 h | Rúa Antonio Palacios

Un dos vocalistas de moda, trátase sen dúbida dun dos artistas con máis futuro da música urbana.