Concertos noite do luns
24 de xullo 2023

Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus

Luns 24 | Ás 00:00 h | Rúa Antonio Palacios

Heredeiros da Crus leva escribindo a historia do rock en galego desde fai exactamente 30 anos. Os mesmos que leva en activo e durante os que segue a ser o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo cultural.

Con dez álbumes no seu haber, Heredeiros son a sucesión de ondas que envorcan o barco e vólvenno a virar. Son o retorno constante á xenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que trascende á toda evolución e a toda moda. Despois de dous anos en dique seco, volven cargados de enerxía retomando un directo que repasa os seus grandes éxitos cunha posta en escena espectacular.

Lamuela

María Lamuela

Luns 24 | A partir da 1:00 h | Rúa Antonio Palacios

Maria Lamuela é unha nova artista e compositora de 18 anos. É versátil con 3 disciplinas que defende a perfección: canto, interpretación e baile. Como cantante estreouse coa discográfica Krik Music e xa cultiva 20 millóns de streams en todas as plataformas.

Como actriz ten diversas curtametraxes e como bailarina foi campioa de España e campioa do Mundo Dance Wold Cup.

Formouse no conservatorio de arte do Institut do Teatre de Barcelona. E como artista forma parte da produtora PUMMP Estudios e Proyecto Urbano.

María é autora das súas letras e coreógrafa do seu propio corpo de baile, e conta cun cun equipo humano ao redor como o prestixiosos produtor artístico Gio, F1 Control, Chus Santana, o seu manager José PUMMP, asesora de imaxe Mayka Álvarez…

En 2021 lanzou por Universal Music «Pegao», un ambicioso proxecto que soou en radios como Loca Urban FM, Flaix FM, Los 40… con máis de 3 millóns de streams en plataformas.

Sacou tamén «El combo-Himno» una mala RMX Vol-2 e a Bomba Mundial «Rumba Chuleando» co gran Chimbala. E tamén temazos como «Pikito», «Que Rica», «Musa», «Chiquitica». Ou o novo cos Master’s Henry Méndez e El Competo Rd que se chama «Mami», e é un auténtico temazo de Verán.

Freitas

Freitas

Luns 24 | A partir da 1:00 h | Rúa Antonio Palacios

Facundo Freitas Costa, coñecido polo seu nome artístico «Freitas» é un cantante de orixe latina nacido en Montevideo (Uruguai). Con 1 ano de idade trasládase a España onde reside actualmente.

En decembro de 2019 e con tan só 17 anos empezou o seu camiño na industria musical publicando o seu primeiro sinxelo «Fuego». Tras máis de 1 ano sen nova música, volveu á actividade en 2021 publicando o seu segundo sinxelo «Hielo», seguido de «S3XO» e «Te Pienso».

En 2022 iniciou o proxecto do seu primeiro álbum, publicando as 10 cancións que contén divididas ao longo do ano e tras isto, en 2023 comezou a conseguir os seus primeiros pequenos logros, dando as súas primeiras actuacións fronte ao público e preparando o seu novo gran proxecto para o próximo ano 2024.

Dj Enter

Dj Enter

Luns 24 | A partir da 1:00 h | Rúa Antonio Palacios

Enter é un Dj/produtor con máis de 11 anos de experiencia nas cabinas que domina as mesturas rápidas e ofrece unha forma diferente de gozar da música.

Destaca a súa colaboración en «Perreo Eléctrico» con «El Completo RD» (artista multiplatino).

Coas súas residencias en Sala Queen e Dux Sanxenxo, posiciónase como o Dj referente da noite en Galicia.

Actuou en Suíza, múltiples veces en Portugal, en grandes festivais como H2O Festival ou Sonorama Ribeira, ademais de en numerosos festivais de menor tamaño, en importantes cidades españolas como Eivissa, Madrid, Valladolid ou Toledo.

Dj Moy

Dj Moy

Luns 24 | A partir da 1:00 h | Rúa Antonio Palacios