Mimo Karcocha

Karcocha

Mimo Karcocha

Sábado XII de xullo | Ás 21:00 h | Rúas da vila

Karcocha, debe ser o mimo rueiro con máis seguidores en redes sociais, máis de 2 millóns en Youtube, Facebook e Instagram.

Karcocha en realidade é Gerardo Castro un chileno que deixou a súa carreira Enxeñería en Comercio Internacional polo teatro rueiro. O nome de Karcocha vén da súa afección de neno pola construción de cometas de papel, que en Chile de chaman Karcochas.

Karcocha defínese como un arlequín contemporáneo, a súa arte levoulle a percorrer medio mundo: Tokio, Nova York, México, Barcelona… son algúns dos seus escenarios, nos que chegou a parar o tráfico para así divertir e facer rir a condutores peóns e viaxeiros.

No seu espectáculo, introduce unha dobre interpretación de cada chiste. Psicoloxía inversa, xogos físicos e interacción co público. Observa ao espectador; o seu obxectivo é presentar un auténtico Arlequín do circo na rúa, interactuando coa súa contorna da forma máis directa posible.

Cartel Karcocha