
Gran festa HoliGalia
con Festicultores Troupe
Gran festa HoliGalia con Festicultores Troupe
Adiado por previsión meteorolóxica adversa (comunicarase nova data próximamente)
Domingo XIV de xullo | Ás 18:30 h | Rúa Domingo Bueno

Festa HoliGalia
A HoliGalia inspírase no festival Hindú, Holi, no que se baila e lánzanse pos para dar a benvida á primavera. No Porriño será unha festa de cores, onde os participantes serán asperxidos de xeito total con divertidos pos máxicos.
Festicultores Troupe
Festicultores Troupe, os cultivadores de festas. Festicultores é unha banda de música de rúa cun único obxectivo: cultivar a festa máis salvaxe baseada na música, o humor, o baile e a desinhibición cerebral.
Onde queira que vexas o seu nome, a diversión está asegurada!