Espectáculo musical: A Trikidisco
Espectáculo musical de Pulpiño Viascón: A Trikidisco
Domingo XXVI de xullo | Ás 19:00 h | Barrio de San Bieito
Pulpiño Viascón e o seu acordeón presentan un novo show de música itinerante para pasarrúas con ritmos de muiñeira africanos, ska, cha cha cha, e xotas, cun equipo de son portátil e máquina de pompas, ademais dunha potente voz microfonada, a alegría e o baile están asegurados con A Trikidisco.



