Espectáculo infantil:
Picadiscos MariFaltri

Picadiscos MariFaltri

Picadiscos MariFaltri

Domingo XIV de xullo | Ás 18 h (novo horario) | Barrio de San Bieito

María Faltri é un dos nomes de referencia dentro da música infantil galega. A vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco achega un espectáculo orixinal e sorprendente: un picadiscos de música infantil no que María brinda aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.