
Dj´s nas prazas 2023
Sábado 22 e Domingo 23 de xullo
De 17 a 20 h | Prazas da vila

Dj Pitty
Pitty é un dj urbano que traballou en salas de toda a xeografía galega e norte de Portugal, compartindo cabina con grandes artistas tanto nacionais como internacionais.
As súas sesións están cheas de enerxía e ritmos latinos, creando unha conexión co público de principio a fin.

Dj Keva
Keva iníciase no mundo da música aos 18 anos, tendo xa con moita anterioridade interese pola produción e o mundo artístico.
Na cabina, demostra grandes habilidades técnicas e unha moi boa conexión co público facendo dos seus sets unha mestura entre enerxía e paixón.
Grazas ao conxunto destes factores, está a empezarse a converter nun dj recoñecido da zona Vigo e arredores, facéndose oco en festivais e salas da provincia.

Dj Samu Pexe
Samu Pexe é un dj de Porriño que traballou en varias salas de Galicia. As súas sesións destacan por mesturar ritmos urbanos xerando unha conexión incrible co público, facendo que cada actuación sexa única e inesquecible.

Dj Mus
Dj Mus é un dj porriñés que conta cunha ampla variedade de recursos á hora de subirse a unha cabina, facendo que os seus sets sexan vibrantes e cheos de ritmo.
Destaca tamén pola súa faceta polivalente adaptando as súas sesións a todo tipo de público e ambientes, converténdoo nun dj que nunca deixa indiferente a ninguén