Concertos Sábado XXV Tarde
Demasiadas sombras y pocas luces
Kike Varela
Tony Lomba
Sábado XXV de xullo | A partir das 19:30 h | Rúa Pío XII
Demasiadas sombras y pocas luces
Demasiadas sombras y poucas luces é un grupo de versións que combina enerxía, proximidade e calidade musical. A personalidade e carisma dos seus integrantes fan deste tridente a fusión perfecta entre a festa e a música.
Un formato que conecta o mellor do acústico e o eléctrico, co apoio de secuencias que achegan forza e versatilidade a cada actuación.
Contundente, fresco e veloz. Abarcando diferentes xéneros musicais, desde pop, rock e rumba ata salsa, merengue, bachata, cumbia e música urbana. Unha viaxe musical chea de temas alegres e enérxicos que che farán bailar e cantar durante todo o show.
Kike Varela
Kike Varela é un dos artistas de música electrónica máis importantes de Galicia. O seu hit, «Muiñeira de Chantada», foi un dos 10 temas en galego máis escoitados en Youtube en 2023, alén de converterse nun himno en Riazor, o estadio do Deportivo da Coruña.
Como DJ, Kike Varela gañou o concurso de DJs do Nova Era Beach Party, o que lle dieu a oportunidade de pinchar nun dos festivais máis grandes de Europa xunto a artistas internacionais como Dimitri Vegas & Like Mike, Timmy Trumpet ou Steve Aoki.
No apartado como produtor, conta con máis de 2,5 millóns de reproducións en Spotify e a súa música xa soou en radios como Europa FM, Los 40 Dance, Radio 3 ou Máxima FM.
Todo este éxito non pasado desapercibido para os medios tradicionais xa que el ou a súa música apareceron en Got Talent de Telecinco e Luar da TVG. Tamén foi entrevistado por La Voz de Galicia, El Español…
Tony Lomba
É o rei do «wachu-wachu» e da improvisación, descoñece por completo a idea de pudor e os seus irónicos shows constitúen experiencias extremas. O viges Tony Lomba fai «canción lixeira xocosa», pero sae por peteneiras ao primeiro de vez.
Tony Lomba é un artista que se lle coñece por pertencer a grupos como: Unión Penosa, Los 3 Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dos Santos, entre outros. Neste espectáculo é un Crooner cun poderío e unha elegancia que lle fai sentirse moi cómodo entre os grandes intérpretes da música lixeira.
Programas de Televisión, de Radio e prensa escrita son os que o recoñeceron como un front-man inigualable pero se non o viches en directo que non cho conten e plántate nun dos seus concertos e non esquecerás que viviches algo especial.
No escenario poucos son os que transmiten tanta enerxía e tan bo rolo pois cada concerto que ofrece parece o último.



