Concertos Sábado XXV Noite

Grande Amore

Traffic House

Sábado XXV de xullo | A partir das 22:30 h | Praza Arq. Antonio Palacios

Grande Amore

Grande Amore

Por se a alguén lle interesa sabelo, Grande Amore é o grupo máis ruidoso da súa xeración. Non o que mellor canta, non o que mellor toca, non o que mellor baila… pero si o máis ruidoso. Guitarra, ritmo e voz. Todo tan roto como sexa posible. Antes de subirse ao escenario, parecen os Looney Tunes. Unha vez que soben, tamén, pero con moita distorsión arroupándoos. Os máis rockeiros e os menos rockeiros ao mesmo tempo. Como di Clara: “O noso instrumento é a actitude”.

Grande Amore son Premio Martín Códax 2022 e Premio MIN Mellor álbum en galego 2024.

Traffic House

Traffic House

José Manuel é un dj cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos. Descobre o seu amor pola música aos 17 anos, cando decide emprender e montar o seu primeiro club. Grazas a este, chega a ter un total de 2 salas e 6 clubs, os cales sabe converter en lugares de referencia da noite galega. Tamén exerce de promotor de festivais punteiros en Galicia como: Tuitu, Louro Valley Festival, Samil Paint Party, Festimiño…

A maior parte do día pásalo no seu estudo de produción, de onde saíron temas como: Make me feel so, Now, Time of love, Déixache levar, Like you do, Esa gata…

Amante do House e do Electrohouse, pero a súa formación e a súa ampla experiencia fan que saiba adaptarse a calquera estilo musical facendo dos seus sets auténticos shows onde o goce e a animación sempre están asegurados.

Grazas á súa popularidade comparte cartel en festivais tan coñecidos como: Ron Negrita Festival, Sonorama, H2Ou, RBF… Ademais de ser reclamado polas salas máis punteiras do momento: Pelícano, Queen, Pachá, Decapolis, Sonamar, Ramallosa e un longo etc.

Cartel Concertos dia 25