Concertos infantís
Orquestra de Camarote e Grupo Orivai
Domingo XIII de xullo | Ás 18:00 h | Praza Arquitecto Antonio Palacios
Orquestra de Camarote
Na Orquestra de Camarote combinan música en directo, teatro e narración para crear un espectáculo único e cheo de emoción. Guiados por un conto, viaxan polas terras de Galicia, descubrindo lendas, curiosidades e lugares máxicos a través das súas cancións e historias.
Queren que o público non só escoite, senón que participe, baile e cante con eles. Ofrecen unha experiencia que conecta cultura e diversión, achegando a tradición galega aos máis pequenos e ás súas familias dun xeito interactivo e inesquecible!
Grupo Oviravai
Oviravai é unha compañía de Vigo adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar, onde o compoñente principal é a música, a diversión e a educación. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices conforman o núcleo principal dun equipo que conta con máis de 15 artistas de diversas disciplinas.
Oviravai funciona como unha fábrica de soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio ou a Moucha Anacleta, entre moitos outros, converten en realidade os espectáculos e os libros a través da música.
Seguindo a filosofía de Oviravai, ademais do divertimento, as súas creacións conteñen unha clara finalidade educativa, formando así un contexto de respecto absoluto a valores fundamentais como o respeto pola natureza, a importancia da reciclaxe, a amizade, a diversidade, o esforzo e o amor pola nosa lingua.



