Concerto:
Louband
Louband
Domingo XIII de xullo | Ás 12:30 h | Praza Arquitecto Antonio Palacios
Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017. O seu estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os seus estilos musicais, destacan o ska, reggae, cumbia, pop e rock.
Todas as versións están arranxadas por eles mesmos, dándolle protagonismo ás voces e aos ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións de Andrés do Barro ou Luis Emilio Batallán, así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus. No repertorio en castelán, conflúen numerosos estilos entre a cumbia, o pop dos 80′ e 90′ e o rock máis exitoso.



